Durante as semanas do 27 de novembro ao 18 de decembro, a ARE, en colaboración con Cáritas, levamos a cabo a campaña "Súmate ao Nadal Solidario" co apoio dos seguintes negocios locais :
- Eroski
- Quenxo Claudio
- Mercamás Rianxo
- Cambeses
- Herbodietetica Chaira
- Europunto
- Spar O Pazo
- Autoservicio Fina
- Ultramarinos Casa Soto
- Aliprox
- Agriokos
- Mercamás Taragoña
Resultados da recollida: Máis de 400 kilos de alimentos non perecedoiros e productos hixiene, aseo e limpeza.
Durante este período especial, Rianxo uniu as súas forzas para facer unha diferenza na vida das persoas que máis o necesitan. O esforzo colectivo traduciuse nunha recollida extraordinaria de máis de 400 kilos de alimentos non perecedoiros e productos de hixiene e limpeza. Estes abasteceron as despensas das familias máis vulnerables nunhas datas tan especiais como é o Nadal.
Dende a ARE e Cáritas, queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a todos aqueles que contribuíron a esta recollida solidaria. Sen a xenerosidade e o compromiso de cada un, este éxito non sería posible. Grazas a cada doador, colaborador e comercio local que fixeron desta iniciativa un verdadeiro acto de solidariedade, mostrando que, nos momentos cruciais do Nadal, a nosa comunidade brilla con xenerosidade.